ÓS PAIS

 

Cando os vosos fillos comezan a le-las primeiras sílabas e a gozar dos primeiros contos e o intre de preocuparse porque esta incipiente afección non se apage aínda antes de principiar e medre dun xeito idóneo, espertando a paixón pola lectura que é unha das máis importantes actividades do neno á hora de desarrollar plenamente a súa personalidade. Nesta difícil laboura, é fundamental a actuación dos pais; vosa é a responsabilidade de dirixi-los seus pasos polo camiño axeitado, animándoo a ler, estimulando os seus gustos e dando renda solta á sua creatividade.

 

Os Contos de Mariña, acorren na vosa axuda nesta ardua tarefa. Nada máis sinxelo e pracenteiro para compartir que un conto-xogo, sentados, pais e neno, diante do ordenador. Esquecede as prevencións sobre esta máquina que non se semella en absoluto á pantalla televisiva, perante da cal o neno convírtese en mero espectador pasivo. Os contos de Mariña obrigarano a actuar, a pensar e a ler ó tempo que xoga, goza e aprende Ás posibilidades da informática son ilimitadas e representan o presente e o futuro na vida dos vosos cativos. Correspondevos ós pais, dosifica-lo tempo axeitadamente e permanecer preto dos nenos nas súas primeiras andainas por este medio. Mariña e máis ti, precisa da vosa voz á hora de recita-lo poema, das vosas indicación á hora de executa-los xogos. A vosa presencia é necesaria ó carón do neno proporcionándoos a posibilidade de disfrutar co voso fillo nun xogo conxunto.

Mariña naceu coa idea de irromper no voso eido, acollédela na familia e disfrutade cos vosos nenos como cando erades cativos.

 

Unha aperta do equipo:

Volver á páxina de inicio